Google Classroom

Google Classroom

Instancia desoftware educativo (pt) Traducir, sitio web e LMS Editar o valor en Wikidata
Aplicación oficialGoogle Classroom (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Creación6 de maio de 2010 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorGoogle Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBclassroom.google.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Google Classroom é un servizo web educativo gratuíto desenvolvido por Google. Forma parte do paquete de G Suite for Education, que inclúe Documentos de Google, Gmail e Google Calendar.

A plataforma foi lanzada o 12 de agosto de 2014.[1] O 29 de xuño de 2015, Google anunciou unha API de Classroom e un botón para compartir para sitios web, permitindo aos administradores educativos e outros desenvolvedores incrementar o aproveitamento de Classroom.[2] O 15 de marzo de 2017, Classroom estaba dispoñible para contas persoais de Google, en particular para as contas estándar de Gmail.

Concibida nos seus inicios como unha forma de aforrar papel, entre as súas funcións está simplificar e distribuír tarefas así como avaliar contidos. Permite a creación de aulas virtuais dentro dunha mesma institución educativa, facilitando o traballo entre os membros da comunidade académica. Ademais, serve como nexo entre profesores, padres e alumnos axilizando todos os procesos de comunicación entre eles.

Nos seus comezos, acusouse a Google de gardar historiais de busca e datos de uso doutros servizos de Classroom con obxectivos publicitarios.[3] Tras perder un xuízo por este tema, Google decidiu non volver a recoller este tipo de datos en ningunha das Google Apps for Education.[4]

Para poder utilizalo cómpre dispor dunha conta de Google, aínda que non é necesario descargar ningunha aplicación, todo está totalmente ao alcance do usuario conectado a Internet.[5]

  1. "More teaching, Less tech-ing: Google Classroom Launches Today". Official Google Cloud Blog (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2017. 
  2. Perez, Sarah. "Google Expands Its Educational Platform “Classroom” With A New API, Share Button For Websites". TechCrunch. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 5 de abril de 2017. 
  3. "Google Hit With A Student Privacy Complaint". NPR.org. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  4. Etherington, Darrell. "Google Stops Mining Education Gmail And Google Apps Accounts For Ad Targeting". TechCrunch. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  5. Díaz Díaz, Frank Jesús (Xuño de 2017). "Requerimientos pedagógicos para un ambiente virtual de aprendizaje". soporte.catedu.es. Consultado o 25 de outubro de 2020. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne